Salceda de Caselas/PSdeG-PSOE | O PSdeG-PSOE de Salceda celebrará o vindeiro sábado 22 de outubro as 20:00 horas, un Encontro Socialista con motivo da apertura da nosa nova sede da agrupación, na rúa Rosalía de Castro, nº2.
O encontro contará coa presenza da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, do noso Secretario Provincial David Regades, da militancia da agrupación e de moitos compañeiros e compañeiras doutras agrupacións da provincia.
Este encontro tamén está aberto a toda a veciñanza de Salceda que se queiran achegar ata a nosa sede para compartir connosco un bo rato do seu tempo. Ana Belén Valiño, nova Secretaria de Organización do PSdeG de Salceda: “Para a nosa agrupación é moi positivo poder contar cun novo local onde poder desenvolver a nosa actividade política e establecer un punto de encontro onde a nosa militancia poida achegarnos as súas inquedanzas e aportacións”
Verónica Tourón, Secretaria Xeral do PSdeG de Salceda de Caselas: “A apertura dunha nova sede sempre é motivo de ledicia, unha ocasión magnifica para xuntarnos e retomar o pulso político, co obxectivo de encarar os retos de futuro, con forza e con ilusión”.