“Enjoy Travel Group” promoverá os atractivos da Cañiza, O Covelo e Mondariz Balneario

A operadora internacional ten presenza en once países

Madrid | No marco da súa visita á Feira Internacional de Turismo de Madrid, o Alcalde Luis Piña anunciou que A Cañiza formará parte da oferta cultural e turística da operadora internacional “Enjoy Travel Group” a partir deste 2025.

A empresa ofertará conxuntamente neste ano os activos turísticos da Cañiza, Covelo e Mondariz Balneario para atraer viaxeiros e dinamizar o noso territorio.

Un acordo constatado polos rexedores no stand que o tour operador ten na Feira Internacional de Turismo de Madrid “FITUR”, un punto de encontro global para os profesionais do turismo e feira líder dos mercados receptores e emisores de Iberoamérica.

En “FITUR”, o equipo da empresa Enjoy Travel Group presentou xunto cos Alcaldes os seus novos produtos en Galicia, nos que están presentes os activos turísticos dos nosos Concellos ademáis do Camiño de Santiago e o Camiño da Estrela como protagonistas.

Unha boa noticia para o sector turístico da Cañiza que amplía e potencia a promoción da riqueza cultural e natural endóxena, coas paixases e a gastronomía como referentes ademáis de dar a coñecer as excelentes conexións da Cañiza con toda Galicia e o resto de España, a través do Ave Ourense -Madrid, sen esquecernos das nosas comunicacións con Portugal.

Enjoy Travel Group está formado por un equipo de profesionais apaixoados polas viaxes cunha experiencia acumulada na industria turística de mais de 20 anos e oficinas de representación en mais de 11 países, presentes en América, no Caribe e en Europa.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.