O Covelo | O Cámping de Maceira coa Xerente Ana Outón Beloso e a Comunidade de Montes de San Salvador de Prado foron elixidos por unanimidade polo xurado para ser premiados na VII edición dos Galardóns “ Síntete Covelo 2021”.
Con estes premios, o Concello de Covelo busca recoñecer publicamente a aquelas persoas, asociacións, empresas ou institucións que contribúen a promocionar o municipio tendo en conta a súa contribución á creación, da arte, da ciencia ou humanidades, o deporte, o medio ambiente e a conservación da nosa contorna e paisaxe ou o nome do municipio, tanto no ámbito nacional como internacional.
O Cámping de Maceira recibiu o Galardón como recoñecemento no ámbito turístico e a Comunidade Montes de San Salvador de Prado no ámbito medioambiental. A gala para a entrega dos premios Síntete Covelo 2021 celebrouse este domingo día 26 de decembro na que se fixo tamén a entrega dos galardóns do ano pasado a Asociación Veciñal de Protección Civil Oitaven Tea e o Grupo de Voluntariado Social do Concello de Covelo, aprazada por mor da situación sanitaria que se estaba vivindo nesas datas.
O Alcalde Pablo Castillo, a Concelleira do BNG Laura Santiso Castillo, o Concelleiro do PSOE José Fernández Muradás e Darío Vieitez López membro do xurado foron os encargados de entregar os Galardóns.