Entroido en Salvaterra

O Concello prepara a programación que culmina o 8 de marzo co Enterro da Sardiña

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño xa está preparado para dar a benvida ó Entroido do 2025. Como xa ben sendo habitual as actividades para os máis pequenos e a diversión en familia son o principal atractivo desta festividade no concello.

O Enterro da Lamprea, que este ano pechará inscricións con máis de 1500 persoas percorrendo as principais rúas de Salvaterra de Miño, celebrarase o 8 de marzo ás 17:00 horas con saída dende a Rúa Rosalía de Castro e transcurso polas principais rúas da vila ata chegar á Praza do Concello. Será un día onde o espectáculo de son, luces, vestimentas e risas, moitas risas, estarán asegurados.

No desfile non faltará a comitiva da defunta lamprea coas súas incondicionais “choronas” que porán a cor fúnebre da tarde. Lembramos a quen queira que poderá acompañar a comitiva da defunta antes da súa queima na Praza do Concello, onde escoitaremos a lectura do testamento da Lamprea e haberá un chocolate quente para todos e todas.

A programación de Entroido complétase co desfile de disfraces dos centros educativos de Salvaterra de Miño dende o Concello ó Parque A Canuda o venres 28 de febreiro. E non pode faltar a tradicional Festa Infantil de Entroido o martes 4 de marzo ás 17:30 horas con música, diversión e chocolate e rosca.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.