Nos próximos dias darán comezo as obras financiadas pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil que permitirán rematar a consolidación dos muros das Docas do Pasaxe e o acondicionamento do seu entorno. A actuación consiste, basicamente, en reforzar os muros das deterioradas docas, rematar o tramo de beirarrúas xa existente ata a estación do Ferri, axardinar e dotar de mobiliario este espazo.
ImageAsí mesmo A Guarda contará cunha nova ruta homologada de sendeiros: a Ruta de Desembocadura que se inicia na Igrexa de San Lorenzo de Salcidos e continuará pola beira do Miño ata o Puntal para regresar novamente polo Aloqueiro e a Cruz ata a o punto de partida. A ruta contará con paneis divulgativos que pretenden dar a coñecer os valores paisaxísticos, etnográficos e mediomabientais do esteiro do Miño.
O importe deste conxunto de actuacións ascende a 221679,10€ financiados pola Confederación Hidrográfica a quen desde o Concello da Guarda agradecemos o interese co que recibiu o proxecto descrito e que agrdamos sirva do agrado de todos os veciños e visitantes.
Posto que nesta seana vanse iniciar as obras, dende o Concello solicitámoslle os pescadores que teñen as redes de angula na zona das Docas que se van restaurar que as retiren.