Ourense | Dúas ducias de autores ourensáns deronse cita o 23 de abril, no Centro Cultural Pontevella de Ourense, para presentar os seus libros ao público. Asistiu unha nutrida representación do Círculo Poético Ourensán co seu presidente José Ramón Morgade e con Toño Guede que asinou exemplares da súa ultima novela.
Tamén o colectivo de Nós a Xente do Redor; os escritores Marina Sánchez, Armando Gonzalez, Eladio Rodríguez, Avelino Jácome, Paco Ascón e Miguel Ángel Martínez Coello. Os tres últimos presentaban novos libros: “Historias no Fumeiro,” “Tener o ser” e A Bela Otero.
O evento coordinado por Mario González Sánchez que achegou o seu éxito editorial “El Laberinto del Recuerdo” e o Centro Comercial Ponte Vella, foi un éxito de público. Preto dun milleiro de persoas pasaron por stands ao longo do horario comercial, de dez da mañán as nove da noite.
Vintecatro autores de Ourense, “a chama da Atenas Galega inda segue en pé” en verbas de Marina Sánchez autora e tamén en representación do colectivo Nós, a Xente do Redor, cuxa revista tamén se podia mercar alí.
“Sentimonos orgullosos de pertencer a cerna da Cultura, seguiremos loitando por ela”. A autora e presentadora artista multicultural, entrevistou aos autores para o seu canal, Marina Sánchez – Canal Cultura en Youtube, onde irá devullando cada unha desas confidencias cos autores ourensans.
Na foto Paco Ascón artista multicultural e autor do libro “Tener o Ser,” xunto ca a fadista galega María do Ceo e Armando González, poeta e autor de moitas letras da fadista; sentada Carmen Belver, a musa de Paco e unha inspiración para todos.