Tomiño/PsdeG-PSOE | As socialistas de Tomiño amosan o seu apoio aos traballadores do Concello ante o que consideran un abuso de poder, un autoritarismo e unha falla de transparencia e democracia sen xustificación por parte de un Goberno que se considera de esquerda.
Fanse eco das exixencias dos traballadores que reclaman un axuste salarial e a actualización da Relación de Postos de Traballo, pois consideran que a reclamación é de xustiza pois so piden que se cumpla a lexislación vixente e acabar coa desigualdade que está a crear desaxustes nas distintas categorías dentro da plantilla municipal e concordan en que o axuste económico se contemple nos orzamentos municipais para o ano 2025.
Os socialistas denuncian que o Goberno ten nula vontade de diálogo cos traballadores (nin con ninguén) ao ter remitida a documentación o día antes da celebración da mesa de negociación, nun claro intento de dificultar a transparencia e a información e conculcar os dereitos das traballadoras e traballadores.
Algo que consideran inaceptable e esixen unha rectificación, que dialoguen e que deixen de practicar o “ordeno e mando” e tamén que non esquezan a súa conciencia de clase se a teñen.