O asunto non é que “só” se espiaran a 65 independentistas, senón que 65 independentistas lograron demostrar a espionaxe da que foron vítimas, ao meu entender, ilegalmente. Porén teño motivos para sospeitar que as escoitas ilegais son xeralizadas e sen control legal algún; só que demostralo non está ao alcance de calquera…
Porén se tamén espiaron os móbiles do Presidente do Goberno e da Ministra de Defensa temos algo aínda peor: un Goberno que non controla o que fai o “Estado profundo” e que tende a encobrilo.
Manda o Rei Felipe VI no “Estado profundo”? De ser así, estaría consentindo todo isto… Está claro que os privilexiados teñen medo (pánico, incluso) a unha apertura e a unha certa democratización do Estado que poña coto aos seus abusos e que nos traia máis xustiza no territorial e no social. A fin dunha concepción centralista, uniforme e corrupta de Espanha. Só falo de feitos; de ter unha mente brillante, seguramente, tería traballado noutra cousa e agora quizáis estivese dando leccións de dignidade aos máis “desafortunada/os”, como fai algunha xente…
“Coido que o Réxime do 78 está podre e que iso pódeo ver calquera que teña un espírito crítico”
Quen escolle a política como servizo aos demais e a unha causa nobre e xusta, quen escolle a ciencia ou a arte coido que non desperdicia a vida; poren tamén ten que haber xente do común con profesións socialmente menos glamurosas… e igual de necesarias. Porén, aínda así tamén coido que o Réxime do 78 está podre e que iso pódeo ver calquera que teña un espírito crítico…