A empresa Los Ángeles Gas e máis o Mercado de Abastos de Compostela puxeron en marcha a iniciativa “Estamos para que volvas”, para animar á cidadanía a mercar dentro da cidade. A experiencia xa viña de aplicarse noutros lugares, como Santa Comba, con éxito. Falamos con Ana Parra do servizo de prensa de Los Ángeles Gas.
Como e por que nace a iniciativa “Estamos para que volvas”?
Nun momento no que para seguir adiante todos temos que traballar conxuntamente. Des Los Ángeles Gas traballamos no desenvolvemento de iniciativas que somen na procura de novos camiños. Neste caso LAG recupera unha fórmula que se empregou no verán de 2020 co Concello de Santa Comba para apoiar o comercio local e que en 2021 presentamos ao Mercado de Abastos ao que temos que dar as grazas pola total disposición e colaboración. Esta iniciativa é a continuación doutras experiencias similares realizadas nos últimos anos con asociacións comerciais e deportivas e que agora cobra mais forza ao ter como principal obxectivo apoiarnos entre todos os sectores para manter, consolidar e crear postos de traballo a través de todas as áreas e minimizar o impacto da crise sanitaria.
“LAG recupera unha fórmula que se empregou no verán de 2020 co Concello de Santa Comba para apoiar o comercio local e que en 2021 presentamos ao Mercado de Abastos”
De quen partiu a iniciativa desta campaña?
Neste caso concreto e coa experiencia previa que xa comentabamos antes propúxose á xerencia do Mercado de Abastos a proposta de “Estamos para que volvas”; e a resposta foi inmediata e de total colaboración. Só podemos estar agradecidos ante a recepción da idea e todo o que achegaron, desde total dispoñibilidade a axuda. Queremos destacar todas as facilidades postas desde o Mercado. Á súa xerente, Marta Rey, non podemos outra cousa máis que darlle as grazas por todo, a súa total disposición e traballo pensando no seu equipo vese reflectido nas facilidades para a difusión e saída desta campaña.
As entidades participantes recollen todos vos sectores comerciais dá cidade de Santiago?
“Estamos para que volvas” desenvólvese con todos os postos de venda situados no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela. Se xorde a oportunidade de ampliar a campaña a outros sectores estamos dispostos a estudalo e colaborar. LAG leva case medio século traballando en Santiago e a súa área de influencia, así como en Santa Comba e A Coruña e en distribución de gasóleos. Nestes case 50 anos realizáronse múltiples campañas e colaborouse coas máis diversas iniciativas sociais, comerciais e deportivas porque cremos que o traballo en equipo xera máis postos de traballo.
Por que se escolleu ou lema “Estamos para que volvas”, cal é ou significado que buscaban darlle ao slogan?
“Estamos para que volvas” é unha idea de LAG que desde sempre tivo como obxectivo dar o mellor servizo aos seus clientes para volver velos, o cliente sempre é o primeiro. Este slogan é o resumo da economía circular desta campaña: consome no comercio local e de proximidade, e levas calidade e un desconto inmediato para o combustible do teu vehículo e deste xeito volves comprar a calidade e o servizo. Ao Mercado pódese ir de moitos modos, non é necesario o vehículo privado, pero na maioría dos casos os clientes si que o teñen e por tanto “Estamos para que volvas” xira ao redor da idea de que comprando calidade do Mercado de Abastos podes aforrar no consumo de combustible para o teu vehículo particular.
“Estamos para que volvas’ é unha idea de LAG que desde sempre tivo como obxectivo dar o mellor servizo aos seus clientes para volver velos, o cliente sempre é o primeiro”
Como funciona esta campaña de cara ao público?
Desde o 13 ao 25 de setembro repartíronse máis de 20.000 vales de desconto inmediato de 3 céntimos por litro subministrado nas estacións de servizo da rede LAG. Por cada compra realizada no Mercado o cliente recibirá un destes vales aforro que poderán ser trocados ata o mes de decembro. Así cada vez que un cliente do Mercado vaia encher combustible aforrará diñeiro. É un círculo ao redor dos clientes e traballadores. Un círculo ao que proximamente se engadirá un novo punto de troco que xa que incorporamos a nova estación situada na Sionlla que suporá a creación de novos postos de traballo xa que mantén a filosofía LAG de gasolineira atendida e con múltiples servizos como restaurante, tenda, área de limpeza e nun futuro inmediato gasolineira. Traballamos no presente para o futuro.
Pensan en reeditar esta iniciativa para 2022?
Como xa diciamos o propósito de LAG é colaborar sempre con diferentes entidades e ao longo do tempo reeditamos iniciativas do mesmo xeito ou con variacións que nos permiten estar preto da sociedade.
Somos parte dunha economía circular e LAG é consciente da importancia de impulsar a Responsabilidade Social Empresarial e desde o noso lugar podémolo apoiar a través de accións como esta que nos permiten achegar na creación e consolidación de postos de traballo.