Eurocidade do Miño estuda crear o Transporte Baixo Demanda para mellorar a mobilidade

Pon a disposición da cidadanía unha enquisa web para acoller suxerencias

Arbo | Os plenos dos Concellos de Arbo, As Neves, A Cañiza e Crecente aprobaban o protocolo para a creación da Eurocidade do Miño -xunto coa vila lusa de Melgaço, que está a espera do informe favorable do goberno de Portugal.

Entre os fins que se pretenden coa creación da Eurocidade do Miño, está a cooperación transfronteiriza é un dos medios máis eficaces de cara a achegar as poboacións fronteirizas é o transporte.

Para poder lograr os obxetivos da Eurocidade do Miño, os Concellos de Arbo, As Neves, A Cañiza, Crecente e Melgaço están desenvolvendo un proxecto para un mellor servizo de Transporte entre os cinco municipios, o que facilitaría a mobilidade dos veciños e veciñas.

Horacio Gil, alcalde de Arbo, destacou que os concellos comprométense á colaboración e ao intercambio de información, coñecementos e experiencias, especialmente en temas que afecten ao deporte, á cultura, ao patrimonio, á promoción, emprego, á política social e turismo, así como a favorecer o traballo conxunto promovendo a participación dos asinantes en encontros, congresos e actos similares, para o que resulta imprescindible ter uns servizos de comunicación adaptado as necesidade.

Co fin de recoller información básica e importante para o Estudo das rutas e a viabilidade do Servizo, esta posta a disposición un formulario nas redes sociais do Concello de Arbo, para que os veciños e veciñas de Arbo, fagan suxerencias e indicacións a este servizo, a súa resposta é fundamenta.. O Prazo remata ó día 25 de outubro.

Dende o Concello de Arbo tamén se levan facendo tramites requerir máis trens de calidade a prezos accesibles e con frecuencias que contemplen a interoperatividade e o transporte intermodal.

O Alcalde arbense informa que o paso do tren por Arbo, e a situación estratéxica na que esta situada a estación, permitiu durante moitos anos un desenvolvemento económico para a nosa vila, polo que temos que considerar o ferrocarril como sistema estratéxico para o desenvolvemento económico e social, que require dunha readaptación de algúns dos seus servizos para que sea unha palanca máis o alcance e crecemento de Arbo – outro punto que tamén é imprescindible tratar dende a Eurocidade do Miño. A ligazón para o cuestionario atopase aqui https://forms.office.com/e/xrerZKU1jp

Bolsas de estudo coa Fundación “Segundo Gil Davila”
O Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación “Segundo Gil Dávila”, abriu a convocatoria de axudas de estudos de 1.000,00€ cada unha.

Poderán solicitar esta axuda aqueles mozos e mozas, que realicen estudos universitarios no presente curso 2024/2025 os empadroados no Concello cun ano de anterioridade ao momento en que se solicita a beca e estar matriculado nalgunha das ensinanzas universitarias do sistema educativo español para obter un título universitario oficial.

A Instancia de solicitude dirixirase ó Sr. Alcalde – Presidente do Concello de Arbo, acompañada da documentación establecida nas Bases da convocatoria (a disposición dos solicitantes no concello de Arbo e na páxina Web) e deberán adxuntar fotocopia do DNI do solicitante e dos pais, volante de empadroamento colectivo, certificado da media dos estudos de Bacharelato máis selectividade, ou certificado académico do Grado superior realizado, certificado académico persoal, copia da última Declaración da Renda ou certificación Negativa de Hacienda, resgardo de matrícula e pago de taxas do curso a realizar e certificado do número de conta bancaria (IBAN). O prazo de presentación estará aberto dende o día 15 de outubro ata ó 15 de novembro de 2024.