Salvaterra de Miño | A Eurocidade de Monçao-Salvaterra ven de recibir a notificación da aprobación, a través da Candidatura a 2ª Convocatoria POCTEC 2021-2027 da AECT Río Minho, do proxecto piloto de envellecemento activo na raia.
Accións conxuntas que fomentarán a autonomía das persoas maiores, un proxecto piloto que se levará a cabo entre o 2024 e o 2025, e que está enfocado as persoas de máis de 65 anos que viven no nosos territorio, en total máis de 8.500 homes e mulleres. Esta acción piloto contempla a realización de eventos, actividades como a creación de grupos de conversación e prensa, ximnasia, xogos, actividades de estimulación, saídas grupais e excursións conxuntas…
Paralelamente á realización destas actividades impulsarase a creación e posta en marcha do Consello Intermunicipal Transfronteirizo das Persoas Maiores da Eurocidade, que contriburá a planificar as políticas máis adecuadas para este colectivo.
O Convenio asinado o 28 de marzo de 2015 para a constitución da Eurocidade MonçaoSalvaterra fixa como principal obxectivo da Eurocidade ó aunar esforzos e recursos de ambos municipios co fin último de contribuir á mellora da calidade de vida dos seus cidadáns. Esta acción piloto céntrase nun segmento especialmente sensible destes cidadáns, o da poboación maior de 65 anos. Para estas iniciativas o Concello de Salvaterra de Miño consegue máis de 40.000,00€ cos cales poder sacar adiante este proxecto que ten como fin último mellorar a calidade de vida dos seus maiores.