Protagonismo do Porriño no xeodestino “Ría de Vigo e Baixo Miño”


O Porriño | A Alcaldesa Eva García manifestou hoxe a súa “satisfacción polo protagonismo que vai ter O Porriño na proposta de rutas turísticas do primeiro reino medieval de Europa que se presentou onte en FITUR. Tratase do primeiro producto turístico que propón o Xeo destino “Ría de Vigo e Baixo Miño” do que forma parte O Porriño xunto con outros trece concellos da contorna.

Eva García expresou a súa convicción de que “O Porriño probablemente sexa o gran descoñecido do Xeodestino que vimos de presenta porque moita xente ignora que a nosa vila está no centro do Camiño Portugués e os atractivos que ofrecemos en patrimonio artístico, paisaxístico, e para a práctica de deportes de aventura”, manifestou.

A alcaldesa do Porriño e o concelleiro de Turismo, David Alonso asistiron á presentación do “Xeodestino” no pavillón de Galicia en Fitur que contou co apoio de Nava Castro, director xeral de Turismo da Xunta. Xunto a ela interviron no nome dos catorce concellos do Xeodestino, as alcaldesas de Redondela, Mos e Tomiño que ademáis é a presidenta de turno do Grupo de Desarrollo Rural.

Desde Madrid onde sigue a participar en diversos actos da Feira Internacional de Turismo, Eva García declarou que “estamos adquirindo experiencias para saber que temos que pfrecer que sexa atractivo para o turismo”.

A alcaldesa e o concelleiro participaron este mediodía como invitados na presentación da campaña da Deputación de Pontevedra de promoción turística para 2020 baixo o lema “Sigue o teu instinto”.