Mos | Aberto o prazo de inscrición no programa Exercítate que comezará durante este mes cos seguintes horarios: as clases de natación lévanse a cabo os martes e xoves de 10.45 a 11.30 h e os mércores e venres de 11.00 a 11.45 h.
Doutra banda, as clases de ximnasia demantemento realízanse os mércores e venres e os martes e xoves; en ambos os casos en horario de 10.45 a 11.45 h. Os usuarios poden elixir os horarios de tal forma que poderán gozar de catro dias á semana de exercicio físico; dous días de natación e dous días de ximnasia.
O proxecto “Exercítate” está dirixido a mosenses da terceira idade cuxa finalidade é mellorar a calidade de vida das persoas maiores, potenciando tanto a súa saúde física como a mental, mediante actividades lúdico-deportivas. O programa municipal “Exercítate” está dirixido ás persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos.
As inscricións poderán realizarse a partir de hoxe na Piscina Municipal ou preferentemente no teléfono 986 33 40 70. As admisións serán por rigorosa orde de inscrición valorando sempre que todos os usuarios poidan participar nalgunha actividade. O proxecto “Exercítate” está dirixido á xente da terceira idade do Concello de Mos e a súa finalidade é mellorar a calidade de vida das persoas maiores, e potenciar tanto a saúde física coma a mental mediante actividades lúdico-deportivas.
Sobre este programa a Concelleira de Política Social, Sara Cebreiro; declarou hoxe que “os nosos maiores teñen moitas ganas de comezar xa que a actividade física é moi beneficiosa para a súa saúde, sobre todo practicándoa con regularidade”. Con este programa o Concello persegue conseguir o mantemento da independencia funcional dos beneficiarios/as necesaria para o desenvolvemento das actividades de vida diaria básicas.
Axuda tamén a previr enfermidades crónico-dexenerativas e a aparición dunha serie de limitacións que aínda que non constitúan secuelas dunha enfermidade impiden ou limitan a realización de moitas actividades. Do mesmo modo a actividade mental aporta incontables beneficios para a terceira idade, fomenta o envellecemento activo, retrasa a situación de dependencia e mellora a autoestima.
Con todo isto, o proxecto “Exercítate” proporciona ás persoas maiores uns efectos beneficiosos, tanto preventivos que axudan a previr o envellecemento do cerebro e con el as enfermidades que teñen que ver coa perda da memoria (demencia, Alzheimer, etc.), como de mantemento, rehabilitadores, psicolóxicos, en canto desenvolve un espírito de superación importante que inflúe en todos os ámbitos de vida cotiás, á vez que axuda a combater o estrés, a ansiedade e a depresión e distrae e evade das preocupacións; e sociais, posto que favorece o traballo en equipo e desenvolve o espírito de compañeirismo.
O obxectivo xeral deste programa é mellorar a calidade de vida das persoas maiores do Concello de Mos, así como aumentar a súa independencia funcional e autoestima. Utilizando unha metodoloxía activa e moi participativa, baseada na dinámica de traballo grupal, buscando as vantaxes que pode ofrecer un grupo tales coma favorecer as relacións sociais, facer as actividades máis amenas, etc.