Ponteareas | O pasado sábado 2 de xuño o grupo de Ponteareas Exeria gañou a Batalla de Bandas do festival Trece Roeis de Ferreira de Pantón (Lugo). Nesta competición enfrontáronse a artistas como Willow GHZ (que acadou o segundo posto), Amoebo, Gallego Común, Skadelos, Fabio&Deivis ou Liberad al Kraken.
Exeria demostrou nesta actuación que aínda é tempo para o grunge, o stoner e o britpop en Galicia. O espectáculo que ofrecen conseguiu que o xurado determinase que era a banda máis axeitada para acadar a primeira posición.
O público tamén tivo a oportunidade de coñecer a este novo grupo de Ponteareas que fixo que todo o mundo tivese ganas de ir bautizarse ás augas de Mondariz.
Coa súa vitoria nesta batalla de bandas, xa poden anunciar a súa participación na edición de 2024 do Trece Roeis Fest (terceiro fin de semana de agosto), a súa presencia en varias salas galegas durante os próximos meses e a gravación dun novo videoclip.