Éxito no programa de emprego de calidade da Asociación de Empresarios de Redondela

Cun 80% dos contratos acadado polos participantes
O 80% dos contratos das persoas participantes no Programa Integrado de Emprego da Asociación cumpre cos criterios de calidade de emprego esixidos pola Xunta de Galicia.

Redondela | A Asociación de Empresarios de Redondela destacou o alto grao de calidade do emprego acadado polas persoas participantes no Programa Integrado de Emprego 2020/21 da entidade: o 80% dos contratos das persoas participantes no Programa Integrado de Emprego da Asociación cumpre cos criterios de calidade de emprego esixidos pola Xunta de Galicia.

A porcentaxe de inserción dos participantes que finalizaron o programa é do 64%, superando en case 20 puntos porcentuais os obxectivos iniciais.

Entre os colectivos participantes no programa compre destacar os resultados de inserción acadados polas mulleres, un 72,5% dos contratos reúne os criterios de inserción e o 85% foi contratada ao longo do programa.

Outro dos colectivos que destaca en canto a resultados de inserción son os menores de 30 cualificados que acadaron un nivel de inserción do 60% e que demostra o interese das empresas locais por captar talento.

O compromiso coa formación e o desenvolvemento da autonomía foi clave en todo o programa, ao que contribuíu de forma destacada o programa de mentorización desenvolvido nas primeiras fases, e acadando resultados especialmente destacables no colectivo de menores de 30 sen cualificación sendo 8 os usuarios que retomaron os estudos para a obtención da ESO, nivel imprescindible para poder acceder ao mercado de traballo.

O emprendemento tamén tivo o seu oco no programa, destacando varias iniciativas de emprendemento e forxando as bases para outras dúas.

A adquisición de experiencia a través de prácticas non laborais que contou coa colaboración tanto de importantes coas empresas da comarca e con pequenos empresarios locais foi un instrumento que permitiu optimizar o proceso de sincronización entre oferta e demanda de traballo e atender mellor as dificultades que o sector empresarias se está atopando para cubrir postos de traballo.

PARTENON foi unha das empresas destacadas nesta colaboración, non so contratando a persoal do programa senon tamén acollendo sesión prácticas que permitiron aso usuarios adquirir a visión práctica dos procesos da empresas.

Así os alumnos do itinerario de loxística e produción puideron comprender a importancia e funcionamento da xestión loxística dentro do proceso produtivo e os alumnos do curso de CRM e ERP puideron ver as funcionalidades da implementación da aplicación SAP na empresa e a optimización de recursos e capacidade para axustarse ás necesidades do cliente optimizando a xestión da información. Todo unha lección práctica que agradecemos a todo o equipo de Partenon e moi especialmente ao seu Responsable de Recursos Humanos JORGE SIEIRO FROIZ.

A Asociación de Empresarios de Redondela quere agradecer a todas a empresas colaboradoras co programa de emprego a súa implicación e compromiso e destacar o importante esforzo inversor que supón tanto para administración autonómica da Xunta de Galicia e moi especialmente para as entidades a posta en marcha programas de emprego que debería contar con continuidade para seguir favorecendo o desenvolvemento de capacidades para o emprego do factor produtivo con maior capacidade para xerar valor, as persoas, especialmente nun momento que o actual abocado transformación e no que a transformación dixital da man de obra é un reto que estes programas xa están a asumir.

Empresas colaboradoras:
https://www.empresasredondela.gal/noticias/programa-integrado-de-emprego-practicas-profesionais-non-laborais