Ourense | A Concellería de Seguridade considera que dun xeito urxente tense que nomear os instrutores de varios expedientes, toda vez que dende a mesma non se logra corrixir, por parte dun reducido número de axentes, antigas costumes que o concelleiro “considera auténticos abusos de poder que non vai permitir de ningún xeito”.
“Si ben é certo que estas actitudes se foron reducindo enormemente neste último ano, aínda quedan unha pequena minoría que segue a prexudicar a imaxe do corpo notablemente”, sostén a concelleiro en comunicado de prensa.
Un pequeno exemplo é que constan varios accesos irregulares ás bases de datos de DGT para darlles un uso que podería ser fraudulento, pois non foron realizadas para o control do tráfico. De feito é necesario aclarar se nalgún deses casos, os datos foron ademais filtrados á prensa o que aumentaría a gravidade dos feitos.
Grave tamén, é a información publicada en prensa e nas redes sociais de Vox e do seu sindicato Solidaridade, posto que o denunciante, ademáis de membro do Corpo, non conta con representación no Concello, nin autorización do mesmo para o acceso a ditas instalacións nin para a divulgación de dita información.
Diste xeito, o concelleiro Telmo Ucha traslada o alcalde que non lle tremará o pulso o máis mínimo para garantir un comportamento exemplar de todo o persoal da Concellería de Seguridade no exercicio das súas funcións.
Telmo Ucha trasladoulle o alcalde que incluso estuda acudir a Fiscalía con algún dos casos e por en coñecemento aqueles máis delicados, como o de que ex membros do Corpo da Policía Local, lle estean a facer seguimentos e fotografías na vía pública.