Ourense | O II Salón do Vehículo Clásico, que se celebrará en Expourense entre o 6 e o 7 de abril, convoca o I Concurso de Elegancia animando aos propietarios de clásicos de toda a península a participar nel.
Os vehículos participantes terán que estar matriculados antes de 1994 (inclusive). A inscrición é gratuíta e pode facerse a través da web do evento www.salondelvehiculoclasico.com. O prazo xa está aberto e conclúe o próximo 20 de marzo.
Coas inscricións recibidas, farase unha selección de 15 vehículos finalistas cuxas fotos e ficha técnica será publicada na conta de Instagram @salonvehiculoclasico para que os seguidores poidan votar o seu favorito resultando gañador o que máis votos consiga. Estes 15 coches seleccionados estarán expostos ademais no Salón para que o público poida admiralos fisicamente.
Haberá ademais outro premio outorgado por un xurado de expertos no sector que valorará o estado de conservación, restauración, presentación e singularidade do vehículo. A entrega de premios está prevista para o domingo 7 de abril ás 13.00 h.