
Lugo | O Concello de Lugo informou este mércores 17 de novembro do falecemento no seu domicilio do escritor e académico lucense Darío Xohán Cabana, aos 69 anos de idade, tras unha longa enfermidade.
Cabana, natural da parroquia de Roás no Concello lucense de Cospeito, foi un célebre escritor, académico e tradutor da Galicia contemporánea.
Membro da Real Academia Galega desde 2006, Cabana foi autor de títulos como “Galván en Saor”, “O cervo na Torre” e “Morte de rei”.

Anualmente recibía unha homenaxe por parte da Asociación de Tradutores Galegos pola súa prolífica labor no ámbito da tradución, que levouno a traducir ao galego obras clásicas como “A Divina Comedia”, o “Cancioneiro de Petrarca”, a “Vida nova de Dante”, a “Antoloxía do Dolce Estilo Novo”, “Os trobadores da Occitania” ou “Os Tres Mosqueteiros” de Alexandre Dumas.
Polo “Cancioneiro de Petrarca” recibiu xa o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor obra traducida en 2012.
Foi tamén un activista no nacionalismo galego desde Esquerda Nacionalista, a UPG e a FPG.