Co gallo dun acto de recoñecemento, por parte do Concello de Ponteareas, daquelas persoas, empresas ou entidades que se teñan distinguido no uso e defensa da lingua galega nas súas respectivas actividades, hoxe imos dedicar as nosas reflexións aos medios de comunicación. Para elo botaremos man de ilustres autores que teñen tratado este suxestivo mundo da información e que, nestes momentos, sofre importantes doenzas de difícil curación.
Durante moito tempo instalouse no imaxinario popular que os medios de comunicación, a prensa, conformaban o chamado 4º Poder. Todos sabemos que foi Montesquieu quen nos ofreceu a división de Poderes para que unha sociedade puidera desenvolverse respectándonos uns e outros nas nosas respectivas áreas de traballo. O Poder Lexislativo, formado polo Parlamento e Senado de cada país, encargado de xerar disposicións lexislativas que unha vez publicadas nos respectivos Boletíns Oficiais serían normas de obrigado cumprimento. Logo temos o Goberno de cada Estado ou Nación, encargado de aplicar esas leis anteriores. Finalmente o 3º Poder sería o Executivo que ten como misión xulgar e absolver ou condenar aos que, presuntamente teñan delinquido. Quedaría o 4º Poder: a prensa.
Chegados a este punto faise preciso que nos situemos no momento presente que vivimos: o mundo de internet, de Google, de todas e cada unha das plataformas dixitais existentes polas que flúe sen posibilidade de contelas, todas as novidades e creacións que “ en el mundo han sido”.
“Chegados a este punto faise preciso que nos situemos no momento presente que vivimos: o mundo de internet, de Google, de todas e cada unha das plataformas dixitais existentes polas que flúe sen posibilidade de contelas, todas as novidades e creacións que ‘en el mundo han sido”
Nos tempos de Napoleón, a comezos do século XIX, a consecuencia da guerra disparouse o emprego así como os prezos dos produtos cotiáns. Os traballadores sufrían unha crise económica e os donos da potente industria téxtil buscaban reducir costos mediante a introdución de máquinas que significaba prescindir dos traballadores.
Xa daquela, o anarcosindicalista francés Émile Pouget (1860-1931) declaraba que “o traballador só respectará á máquina o día en que esta se converta na súa amiga, reducindo o seu traballo, pero non na actualidade, que é súa inimiga, quita postos de traballo e mata traballadores”.
Nestes momentos nace a figura do “ludita” que non eran tecnófobos temerosos do mundo moderno senón obreiristas que loitaban polos seus dereitos nunha época en que o sindicalismo estaba perseguido.
Pero que ten que ver isto cos medios de comunicación, preguntaranse vostedes, queridos lectores? Pois moito ou nada, segundo o queiramos ver.
Os luditas pelexaban contra as máquinas e os xornalistas pelexan porque un algoritmo non lles suplante.
Pero volvamos ao 4º Poder: a prensa, os medios de comunicación hoxe discutidos, enfrontados ao mundo dixital, aínda que dalgún xeito son dependentes deste novo mundo que se move nas redes, nas nubes, no espazo incontrolable.
“Pero volvamos ao 4º Poder: a prensa, os medios de comunicación hoxe discutidos, enfrontados ao mundo dixital, aínda que dalgún xeito son dependentes deste novo mundo que se move nas redes, nas nubes, no espazo incontrolable”
Ata agora os medios informábannos do que ocorría no noso entorno máis próximo ou máis afastado. Facilitábannos as noticias boas e menos boas. Eran os xornalistas coas súas potencialidades de intelixencia, formación e técnica primitiva os que andaban polo mundo, permítanme a expresión vulgar, e nos contaban nos xornais que ordinariamente liamos, que estaba pasando no mundo.
Hoxe iso cambiou totalmente. Hoxe a prensa xa non pode presumir de ser o 4º Poder porque en grande parte basea as súas informacións en datos que aparecen “na nube” subidos aí por non se sabe moi ben quen.
Ignacio Ramonet, ex-director de “Le Monde Diplomatique”, e natural de Redondela, dinos que “O planeta MEDIOS vive unha conmoción dunha intensidade nunca antes coñecida. A dixitalización do mundo está transformando a grande velocidade o ‘biotopo informacional”. O seu modelo económico desintegrouse.
“O planeta MEDIOS vive unha conmoción dunha intensidade nunca antes coñecida. A dixitalización do mundo está transformando a grande velocidade o ‘biotopo informacional”
O máis probable é que a prensa escrita non desapareza pero a información xa non circula como antes en unidades precisas, controladas, corrixidas e calibradas. Agora é coma un fluído que circula en segmentos abertos pola rede case á velocidade da luz.
A pregunta é…que é unha noticia? Hoxe os medios de información acurralados contestan unicamente en termos de audiencia. Unha boa noticia é a que pode interesar ao maior numero de persoas, non a que poida ser máis útil para a poboación, ou máis esclarecedora en materia económica, en ecoloxía, en política…
Os medios dedicáronse moito tempo a tentar domesticar a sociedade e agora non saben ben que facer, para que serven.
Nesta sociedade de redes non é fácil dar unha resposta sinxela en que consiste a “especificidade” dos medios de comunicación.
“Nesta sociedade de redes non é fácil dar unha resposta sinxela en que consiste a ‘especificidade’ dos medios de comunicación”
A xustificación habitual é que o xornalista profesional tómase un tempo necesario para contrastar a información, corrixila e confirmala. Pero isto xa non é así.
En primeiro lugar porque nun sistema de información sometido á ditadura da urxencia poucos xornalistas dispoñen do tempo necesario para facer ben o seu traballo. “quérese informar rápido en vez de informar ben, e a verdade non sae gañando”, afirmaba Albert Camus en 1944.
Hobbes dicía que o Poder nacía dun contrato social igualitario que a humanidade formalizaba renunciando ao seu poder orixinal en favor dun Estado que lle garantía os seus dereitos naturais á vida, á liberdade e á igualdade. Era o “iusnaturalismo” (dereito natural).
“Pero hoxe temos o presentimento de que no século XXI é inevitable a aparición dun CIBERLEVIATÁN. O actual statu quo volatilízase por todas partes. O máis probable é que o Ciberleviatán se instale por aclamación”
Pero hoxe temos o presentimento de que no século XXI é inevitable a aparición dun CIBERLEVIATÁN. O actual statu quo volatilízase por todas partes. O máis probable é que o Ciberleviatán se instale por aclamación.
Pero como podemos definir este fenómeno tecnolóxico e social? Pois poderiamos dicir que se trata dunha nova e incuestionable expresión de Poder, un fenómeno potencialmente totalitario que podería supoñer o colapso da civilización democrática e liberal fronte á revolución dixital.
Pero volvendo aos medios diremos que actualmente as redaccións teñen menos autonomía para o análise. En materia de política internacional dependen de versións, de lecturas propostas polas autoridades oficiais ou por intereses privados.
Os cidadáns desconfían da prensa pertencente a un puñado de oligarcas que tamén controlan o poder político e económico. O sentido común dinos que cando un home ou unha muller de negocios merca un xornal, faino sempre ou para defender un sistema político que lle interesa ou para converterse el mesmo nun político temido.
“Os cidadáns desconfían da prensa pertencente a un puñado de oligarcas que tamén controlan o poder político e económico”
Outro día, con máis calma, dareilles datos sobre a concentración dos medios de comunicación nunha ducia de mans a nivel mundial. So os que lle din a vostede e aos restantes lectores de medios (en papel, radiofónicos ou televisivos) que está ben e que está mal. Que debe mercar e a quen ten que votar. Nunha palabra, son os que nos queren converter en robots humanos. Créanme se lles digo que están a punto de conseguilo. Pero iso verémolo na próxima entrega.
Saúde, sorte, líbrense do “bicho” que caladiñamente pode matarnos.