O Morrazo | O Comercio Local pasa por momentos onde é indispensable adaptarse a novidades tecnolóxicas, novos formatos de venta, marketing dixital e novas fórmulas de comunicación, é por iso, que dende a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo puxemos en marcha en 2018 un plan de formación gratuíto para os nosos asociados que está logrando que moitos encaren estas necesidades con unha mellor preparación acadando
así novas metas nos seus establecementos e mellorando o seus negocios.
Eduardo Erquiaga (Director de Galicia Bussines School e Exdirector da Escola de Negocios Caixanova), Alberto Falcón (experto en Redes Sociais e Comunicación), GFSTUDIO (Recoñecidos profesionais da Imaxe nominados
en varias ocasión aos Premios Goya e Copa do Mundo de Fotografía) ou Roberto Perez Marijuan (experto en estratexias promocionais e neuromarketing) foron algúns dos poñentes destacados do 2018 que formaron parte dun calendario de formación que se desenrolou dende principios de ano ata o mes de decembro.
Tralos bos resultados e dado que a necesidade de reciclaxe e mellora nos negocios agora e máis necesaria que nunca, FECIMO comeza o seu novo calendario 2019 este mes de febreiro cun novo curso de 4 xornadas adicado
a mellora das ventas nos establecementos da man de Fernando Simón, reputado profesional da venta sector no que é formador especialista.
A Federación xa está a punto de pechar as inscricións para este curso no que o único requisito e ser asociado e que está tendo unha grande aceptación xa que era uno dos máis demandados trala enquisa realizada na que participaron máis de 150 negocios do Morrazo.
Nestes novos tempos onde os xigantes das ventas por internet están a ser unha durísima competencia para o noso Comercio Local, dende FECIMO queremos destacar a enerxía e o valor que os establecementos demostran
nesta loita onde as vilas e cidades de moitos lugares miden as seus negocios fronte as compañías que máis facturan en todo o mundo.