Ponteareas | A Federación de Comercio de Ponteareas desenvolverá, entre os días 26 de abril e 7 de maio, unha campaña de dinamización comercial con motivo da celebración do Día da Nai.
A campaña, dado que está dedicada ás nais, sorteará un único premio agasallo de 500 euros entre todos clientes que merquen nos establecementos asociados á Federación de Comercio e hostalería de Ponteareas.
O sorteo será o día 10 de maio, a gañadora decidirá o dia que queira disfrutar do premio nos diferentes establecementos que forman parte da Federación de Comercio, como por exemplo, perruquería, complementos, masaxes, roupa, bolsos, bixutería ou mesmo gozando dunha cea…
A presidenta, Rosa María Lopez, explicou que a campaña non só estará centrada en Ponteareas, senón que se fará extensiva ás comarcas do Condado e A Paradanta, para o que se dará a coñecer en todos os municipios dos arredores cumprindo, sinala Rosa Maria, “un dos obxectivos fundacionais da Federación que é devolverlle a Ponteareas o protagonismo comercial”.
A concelleira de Comercio, Inés Vidal, amosaba a súa satisfacción ante o feito de que “recen creada, a Federación de Comercio de Ponteareas traballa xa en iniciativas encamiñadas a dinamización do sector”.