Salceda de Caselas | Dende a Asociación de Veciños Carballeira de Picoña queremos convidar a todos a achegarse a esta parroquia do concello de Salceda de Caselas a Festa Furancheira de Primavera.
Seguro que pasaremos unhas tardes-noites de fin de semana moi agradablea entre gaitas, pandeiros, tambores, bombos, panderetas, saxos, trompetas, …. e algún traguiño de viño nas adegas dos veciños colaboradores. Iremos de adega en adega cantando, tocando, falando , saúdando, ….para alí tomarlle uns pinchos e voltar a cantar, tocar, falar, saudar, …. En fin, todo alquel que queira pasar un rato agradable, aínda que non toque ningún instrumento, que pase pola Picoña e repetirá, sen dúbida.
Haberá unha zona de aparcamento no Campo de Fútbol do Rubal e os furanchos estarán conectados por unha ruta que se poderá facer en 15 minutos andando. Os espantallos que concursan estarán expostos nas adegas colaboradoras.
Convidamos a todos a acercarse este fin de semana a Salceda, xa que hai un sinfin de actividades totalmente compatibles entre sí como son A Festa do Xavarín a Exposición da Camelia e esta Festa Furancheira.