Ourense | O Foro da Comunicación de Galicia, organizado por Expourense coa colaboración do Clúster da Comunicación de Galicia, celebrou a súa novena edición, que supuxo un novo éxito, tanto polo número e o prestixio dos 22 relatores como pola acollida recibida por parte dos asistentes, tanto dos que estiveron presencialmente en Expourense como dos que seguiron o evento vía online, en total máis de 200 asistentes.
Este Foro está xa consolidado como un punto de encontro de referencia para os profesionais galegos vencellados a estes sectores, xa que lles ofrece a oportunidade de compartir experiencias con grandes expertos do sector e con directivos de importantes empresas que marcan tendencia á hora de comunicar. Este Foro contou co apoio da Deputación de Ourense e da Secretaria Xeral de Medios da Xunta de Galicia.
O obxectivo deste 9º Foro da Comunicación de Galicia foi poñer en valor a calidade e a innovación do traballo das empresas galegas nestes sectores, incluíndo tamén experiencias punteiras de empresas de fóra da nosa comunidade. O programa do foro tivo moi presentes cuestións de actualidade de grande importancia para os profesionais, como a problemática das noticias falsas ou a relación cada vez máis estreita entre xornalismo e deseño.
Este foro acolleu catro mesas redondas sobre marketing de contidos coa presenza de importantes axencias galegas; sobre comunicación e igualdade; sobre deseño e comunicación e sobre fake news. Houbo tamén tres clases maxistrais a cargo do CEO de Torres y Carrera, Xurxo Torres, que falou sobre a postverdade e achegou datos como que as noticias falsas se difunden un 70% máis rápido que as reais”.
É tamén contou coa participación do creativo arxentino Fernando Vega Olmos, un dos maís importantes a nivel internacional quen indicou que “o marketing non é maís que ter unha boa idea e tela antes ca ninguén”. A conferencia de clausura correu a cargo do director creativo Oriol Villar, autor de eslóganes que forman parte do imaxinario colectivo do noso país como “En casa en ningún sitio”, “mediterráneamente” ou “La vida es chula”.
VI Premios Paraugas
O Clúster da Comunicación de Galicia entregou no recinto feiral de Expourense os VI Premios da Comunicación e do Márketing de Galicia, Premios Paraugas, que se crearon en 2016 co obxectivo de recoñecer publicamente o bo facer das empresas e dos profesionais que traballan en toda a cadea de valor da comunicación dentro da nosa comunidade autónoma.
Na edición deste ano entregáronse un total de 19 galardóns nesta gala que contou coa presenza do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén. O Premio Paraugas ao Mellor Congreso e o Premio Paraugas ao Mellor Incentivo de Empresa quedaron desertos por mor da pandemia.
No marco da convocatoria, establecéronse oito categorías de premios (con 21 subcategorías en total) ás que optaron preto de 250 candidaturas, cifra que pon de manifesto o crecente interese por un evento que, ano tras ano, se consolida como a gran festa galega da comunicación.
A continuación, detállanse as empresas e organizacións distinguidas no marco de cada unha das categorías:
Categoría Edición
Premio Paraugas ao Mellor Libro
Ensamble Isaac. Tórculo Comunicación Gráfica
Premio Paraugas ao Mellor Traballo de Publicidade Comercial
Catálogo 2021. Tórculo Comunicación Gráfica.
Categoría Impresión
Premio Paraugas ao Mellor Traballo Comercial (libro, folleto ou catálogo) feito en Impresión Dixital
El cuaderno alado. Gráficas Anduriña
Categoría Deseño (Premios GAIN)
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico
Identidade corporativa de Katarsis. Kindergarten
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial ou de Produto
CAMBO Familia de luminarias de interior. Cenlitrosmetrocadrado/a-emotional light
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital
EASD Antonio Faílde. 988 Deseño e Arquitectura
Categoría Creatividade (Premios Roi Scroll)
Premio Paraugas á Mellor Idea
Restyling Acción Tatoo. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)
Premio Paraugas á Mellor Campaña
Sabemos que sempre o levarás dentro. Unifersa (Clickfer)
Premio Paraugas á Mellor Produción (Craft)
Una cerveza como Dios manda. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Abadía dos Monxes)
Categoría Márketing Dixital (Premios PuntoGal)
Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Márketing Dixital
#MisMotivosVueling. Torres y Carrera
Premio Paraugas á Mellor Campaña de Produto ou Servizo
Estratexia de venda dixital & CRO para Adeslas. Bysidecar
Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Social Media
Cabo de Peñas. Quattro idcp
Categoría Márketing (Premios Avante)
Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de ‘Branding’
Las Estrellas del Camino. Hijos de Rivera (Aupa/Ymedia/Proximia)
Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de Produto/Servizo
Campaña de lanzamento das infusións Wize Monkey. Cafés Candelas (Ma Agencia/Desoños/Zeltia Stadelmann)
Premio Paraugas á Mellor Acción de Promoción de Vendas
Promoción 0’0 Emisiones. Hijos de Rivera (Grupo 76)
Categoría Comunicación (Premios Galicia Calidade)
Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Externa
Km.C. Hijos de Rivera (Idea Creatividad/Proximia Havas)
Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Interna
Plan de embajadores Bysidecar. Bysidecar
Premio Paraugas á Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial
Colleita propia. Aceites Abril
Premio Paraugas ao Mellor Evento
SON Estrella Galicia Posidonia: El Reencuentro. Hijos de Rivera (Costa).
Premios honoríficos
Xunto a isto, o acto, que puido seguirse en streaming e en directo pola TVG, serviu tamén para por en valor o traballo de diferentes empresas e persoas que destacan pola súa contribución ao ámbito da comunicación. Entre os homenaxeados estiveron Amalia Baltar, pola súa traxectoria a prol da comunicación de Galicia; Oriol Villar, director creativo, realizador e guionista; e Fernando Vega Olmos, publicista e cofundador de Anita&Vega. Ademais, recibiu unha homenaxe póstuma Lis de Soto, polo valor achegado ao sector da publicidade de Galicia ao longo de toda a súa vida.