Ponteareas | A Alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, presentou esta mañá o cartel das festas de setembro, A Nosa Señora dos Remedios e San Miguel. O programa, que aínda ten citas por pechar, abrangue actos para todas as idades, nenos, adultos e familias, e de índole diversa para todos os gustos polo que se celebrarán eventos culturais, deportivos, lúdicos e musicais do 1 de setembro ao 1 de outubro.
Algúns dos exemplos máis destacados son o concerto Gala Lírica de Zarzuela “Soutullo na Ialma”, a XV Feira Tradicional dos Remedios, o LV Concurso Rexional de Gaitas do País, que rende homenaxe a Antonio Cabaleiro, ou a actuación Camiñantes e Cantantes presentada por Manuel Manquiña e Pepo Suevos.
A oferta deportiva comezará o venres, día 1 de setembro, co XIV Torneo de Tenis, ao que seguirán xornadas de bádminton, carreira pedestre, ciclismo, xadrez, fútbol, petanca e hóckey.
Ademais das habituais noites de verbena, haberá visitas guiadas polo casco vello de Ponteareas, o cemiterio ou o castro de Troña así como obradoiros infantís de cociña, artesanía ou xogos tradicionais.
Unha ampla oferta de actividades co obxectivo de ofrecer aos veciños e veciñas unha forma de reunión, diversión e entretemento. En total, máis de 50 actividades repartidas ao longo dun mes, nas que o ocio e desfrute serán os grandes protagonistas.
Programación:
Venres, 1
Do 1 ao 10 de setembro. Pistas de tenis da Freixa. XIV Torneo de Tenis. Organiza: Club de Tenis de Ponteareas
Sábado, 2
21:00 h Praza de Bugallal. Gala Lírica de Zarzuela “Soutullo na ialma”
12:30 h Xardíns da Xiralda. Concerto da Banda de Música Unión de Guláns
19:00 h Praza Maior. Bádminton na rúa. Organiza: Club Bádminton Ponteareas
Martes, 5
11:30 h Mercado Municipal. Obradoiro de cociña
21:00 h Visita guiada ao cemiterio municipal. “Os símbolos misteriosos do cemiterio de Ponteareas”
Mércores, 6
11:30 h Parque da Perillana. Obradoiro infantil. O misterio das 7 portas na mansión encantada. Idade de 6 a 12 anos. Máximo 20 participantes. Inscrición na Biblioteca Municipal
21:30 h Praza de Bugallal. Cine na rúa. Proxección da película Momia.
Venres, 8 (Virxe da Nosa Señora dos Remedios)
19:00 h Desfile de xigantes e cabezudos
19:00 h Tirada de foguetes
19:30 h Misa solemne con procesión, acompañada da Banda de Música Xuvenil de Xinzo
21:30 h Praza Doutor Fernández Vega. Concerto da Banda de Música Xuvenil de Xinzo
18:30 h Centro urbano. Escape room
22:30 h Praza Maior. Actuación do grupo Galia
Sábado, 9
XV Feira Tradicional dos Remedios e XXXVI Festival Folclórico do Condado
10:00 h Apertura de postos de artesanía
18:00 h Baixada de San Gregorio. Obradoiro infantil. Idade de 6 a 12 anos Máximo 20 participantes. Inscrición na Biblioteca Municipal
22:00 h Praza de Bugallal. Actuación da orquestra Verano Azul
00:30 h Praza Maior. Actuación de MVP MUSIC DISCOMÓVIL
Domingo, 10
9:00 h Centro urbano. Trofeo Festas de Setembro. III Gran Premio Borja Gómez Méndez. Organiza: Club Ciclista Ponteareas
11:00 h Praza da Perillana. Obradoiro de xogos tradicionais
12:30 h Xardíns da Xiralda. Concerto da Banda de Música Reveriano Soutullo
22:00 h Praza Maior. Actuación de La Oca Band, acompañada de Manquiña
23:50 h Praza de Bugallal. Actuación de Familia Caamagno. Musigal
Sábado, 16
11:00 h Parque da Feira Vella. Apertura da feira e exposición “Saúde natural”.
17:00 h. Praza Maior e Bugallal. URBAN FEST
Domingo, 17
11:00 h Parque da Feira Vella. Feira e exposición “Saúde natural”
12:30 h Xardíns da Xiralda. Concerto da Banda de Música Xuvenil de Xinzo
Luns, 18
18:00 h Visita guiada ao centro histórico de Ponteareas. “Enigmas da historia de Ponteareas”. Máximo 30 participantes. Inscrición na Biblioteca Municipal
Xoves, 21
18:00 h Visita guiada ao castro de Troña. “As claves ocultas do Castro de Troña”. Máximo 30 participantes. Inscrición na Biblioteca Municipal
Sábado, 23
12:30 h Xardíns da Xiralda. Concerto da Banda de Música Unión de Guláns
16:30 h Praza Maior. Campionato de baloncesto 3×3. Organiza: Club Baloncesto Condado
17 a 21 h Parque As Pombas.Torneo de petanca. Organiza: Club de Petanca “El Parque”
16:30 h Ruada dos grupos participantes no LV CONCURSO DE GAITAS DE PONTEAREAS. A continuación terá lugar o concurso de gaitas no auditorio Reveriano Soutullo
Domingo, día 24
18:00 h Auditorio Reveriano Soutullo. Espectáculo musical infantil “Uxía Lambona e a Banda Molona”. AGADIC. Entrada 3 €
Martes, 26
18:30 h Sala multiusos do auditorio Reveriano Soutullo. Espectáculo infantil “O león azul”, de Trécola Teatro. Inscrición previa no servizo de Normalización Lingüística
Mércores, 27
18:00 h Praza da Perillana. Obradoiro infantil. 6 globos fantasmas e unha miniatura. Idade de 6 a 12 anos. Máximo 20 participantes. Inscrición na Biblioteca Municipal
Xoves, 28
19:00 h Desfile dos xigantes e cabezudos
Venres, 29 (Día de San Miguel Arcanxo)
10:30 h Tirada de foguetes
11:00 h Xardíns da Xiralda. Concerto da Banda de Música Unión de Guláns
12:00 h Misa solemne con procesión, acompañada pola Banda de Música Unión de Guláns
13:30 h Praza de Bugallal. Lanzamento dos Globos de San Miguel
20:30 h Campo de fútbol de Pardellas. Torneo de Fútbol Festas de Setembro. Organiza: Sociedad Deportiva Juvenil de Ponteareas
22:00 h Praza Maior. Actuación da orquestra Miramar
Sábado, 30
09:00 h CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios.Torneo de Xadrez Organiza: Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas
10:00 h Pavillón Álvaro Pino. Torneo de Hóckey. Organiza: Hóckey Club Ponteareas
10:00 h Carreira pedestre “V Ribeira do Tea”. Saída da Fortaleza de Salvaterra de Miño e chegada á Moscadeira. Organiza: Club Caminhantes do Condado
21:00 h Praza de Bugallal. Actuación da orquestra Trébol
22:45 h Praza Maior. Actuación do grupo América SL
Domingo, 01 de outubro
12:30 h Xardíns da Xiralda. Concerto da Banda de Música Reveriano Soutullo
21:00 h Praza Maior. Actuación da orquestra Los Players
Actos relixiosos
A novena na honra á Virxe dos Remedios empeza o día 30 de agosto e será ás 20:00 h
A novena na honra á San Miguel Arcanxo empeza o día 20 de setembro e será ás 20:00 h