O Porriño/Cans | O Festival de Cans xunto co xurado da décimo cuarta edición, formado por Alfonso Zarauza, Sonia Castelo, Luisa Romeo, César Goldi, Diana Toucedo, José Antonio Quirós e Mara Torres, acordou, despois do visionado das curtametraxes a concurso e a deliberación, outorgar os seguintes premios:
● Premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real, cunha dotación de 2.000€ e Can de Pedra, para AAVA, de Andrea Zapata-Girau, pola utilización de recursos fílmicos contemporáneos, unha realización arriscada e unha mirada moi persoal traballando sobre diferentes capas como son a emigración, o exilio e a busca dunha nova definición do concepto de maternidade.
● Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, cunha dotación de 1.500 € e Can de Pedra, para Decorado de Alberto Vázquez, por ser un proxecto de animación cunha sólida dirección dende a que se contrúe un universo singular, misterioso e macabro cun dominio moi intelixente e transgresor dos recursos fílmicos.
● Premio AISGE do xurado á mellor interpretación feminina, cunha dotación 250 € e un Can de Pedra, para Arantxa Aranguren por La Madrina, por traballar dende a verdade nun rexistro cómico rozando o límite.
● Premio AISGE do xurado á mellor interpretación masculina, cunha dotación de 250 € e un Can de Pedra, para Ricardo de Barreiro e Xulio Abonjo por Einstein-Rosen, por ser capaces de manter a coherencia dos personaxes cun longo intervalo de tempo e dar naturalidade á complexidade dos diálogos.
● Premio CREA do xurado á mellor realización, dotado con 300 € e Can de Pedra, para Andrea Zapata-Girau por Aava, por narrar dende a primeira persoa e vehicular dende o seu entorno máis cercano unha historia universal.
● Premio AGAG do xurado ao mellor guión, dotado con 300 € e Can de Pedra, para Einstein-Rosen, de Olga Osorio, por ser unha metáfora das relacións de poder que se establecen entre dous irmáns a través dalgo tan estrambótico como é a física cuántica.
● Premio do público á mellor curtametraxe, dotado con 1500 € e Can de Pedra, para Einstein-Rosen, de Olga Osorio.
● Premio do xurado á mellor banda sonora orixinal, dotado cun Can de Pedra, para The magic oven de Manuel Riveiro, porque a peza musical remítenos ao clasicismo dos grandes referentes que temos na animación.
● O xurado quere facer unha mención especial a Lago sabroso de Borja Santomé, por ser unha peza merecedora dun impulso pola forza e personalidade única do estilo do autor.
● O xurado dos veciños da décimo cuarta edición do Festival de Cans, formado por Jesusa Fortes “Susa do Barbado”, Milagros Ramilo, María Rodríguez Campos “Maruja da Capilla”, Ramón Areal “Moncho de Perucho” e Sandra Carballo decidiu, despois do visionado das curtametraxes a concurso e a deliberación, outorgar por unanimidade o Premio do Xurado dos Veciños a Volant, de Raquel Pérez, por ter como protagonista a unha muller forte que escolleu o camiño que ela quería pese a ser o difícil e por tratar un tema actual como a precariedade laboral.
Concurso de clips
O xurado dos videoclips da décimo cuarta edición do Festival de Cans, formado por Manu Viqueira, Marta Gómez, Marta Larralde e Judas Diz, acordou, despois do visionado dos videoclips a concurso e a deliberación, outorgar o Premio do Xurado dos Videoclips ao video do tema “Mi Re La” de Oh! Ayatollah, dirixido por Xaime e Antón Miranda, por conseguir transmitir o espírito da canción.
Ao xurado rouboulle o corazón este videoclip por lograr, con recursos mínimos, facer unha relectura á galega do clásico videoclip de Beastie Boys facendo ademáis unha mestura de estéticas oitenteiras, na onda do filme Kung Fury. O xurado desexa que estes irmáns continúen facendo pezas desta calidade e que teñan un bo futuro.
O premio do público dos videoclips foi para “Restos de un naufragio”, de Igloo. Dirixe: Fran X. Rodríguez.