Pantón | Xosé Merelles Remy, director de Turismo de Galicia, visitou os espazos onde se está desenvolver este venres e sábado o Festival Trece Roeis, unha cita que congrega en Pantón (Lugo) a miles de persoas ao redor dun cartel de bandas e intérpretes como Soziedad Alkoholika, Fillas de Cassandra, Arrhythmia, Ana Tijoux, Green Valley, Sara Socas, entre outros. Trátase dunha das iniciativas que este verán conta co apoio de Turismo de Galicia na súa aposta por diversificar a oferta e dinamizar o rural a través da actividade turística.
Durante o percorrido, Xosé Merelles puxo en valor o papel do festival como dinamizador da oferta turística da Ribeira Sacra e puido constatar como este tipo de eventos son un polo de atracción para turistas e visitantes que acoden a vilas do rural co gallo do festival pero que logo aproveitan para coñecer a contorna e gozar da oferta da súa oferta paisaxística, patrimonial, cultural e gastronómica. Ao mesmo tempo, convértense un revulsivo importante para a economía local. Así o confirman os datos de participación de anteriores edicións con 7.000 persoas asistentes o ano pasado.
O Festival Trece Roeis concentra o seu principal atractivo na variada oferta musical e de calidade do seu programa pero compleméntaa con outras accións como catas de viño e degustacións gastronómicas, espectáculos de maxia, teatro para público infantil e presentacións literarias, entre outras.
Esta venres a proposta musical chega da man de Sara Socas, Soziedad Alkoholika, Fillas de Cassandra, Arrhuthmia, Rebeliom do Inframundo e Tiam GZ. Mañá sábado, será a quenda de Exeria, Ana Tijoux, Green Valley e Los de Marras.