Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar as obras de mellora e reparación nas Casas de Cultura de Fiolledo, Corzáns, Meder, Leirado, Soutolobre, Lourido e Alxén.
Estas obras enmárcanse dentro do plan de mellora nos servizos e infraestruturas que o Concello está realizando que consisten na reposición de tellas e arranxo no tellado, limpeza de cuberta, aplicación de hidrofugante, formación de caneletas, reparación de grietas e pintado exterior. O plan de mellora dos servizos municipais, do que forman parte estas obras das casas culturais, é o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.