A Cañiza | Este 7 de marzo, o GDR CONDADO PARADANTA organizou a II GALA DE CALIDADE TURÍSTICA en Mondariz Balneario, nun acto no que se entregaron 20 novos distintivos SICTED e no que participaron os 10 Alcaldes das comarcas do Condado e Paradanta e a Directora de Turismo de Galicia da Xunta, Nava Castro.
A Cañiza xa conta con 6 establecementos acreditados co distintivo: Vivenda Turística A Pampla, Bodega Torgo, Centro De Estudos Serán De Torgo, Bodega Eido Da Fonte e Casa Vilamide aos que se suma este ano Finca Briaví. A todos eles, noraboa.
O distintivo SICTED é un selo de compromiso de calidade turística que acredita e recoñece a nivel nacional o esforzo realizado polos establecementos e servizos que participan no Xeodestino Condado Paradanta.