FITUR coñece por segundo ano consecutivo “A Orixe”, o Camiño de Santiago por Barbanza

Da man da Mancomunidade Barbanza Arousa

Boiro | A Mancomunidade Barbanza Arousa presentaba na pasada edición de FITUR o Camiño do Barbanza A ORIXE, ambicioso proxecto no que levaba traballando man a man coa Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe desde anos atrás.

Nesa pasada edición materializábase toda a investigación que xustificaba a tradición e Barbanza Arousa como ou lugar polo cal a embarcación que transportaba os restos do apóstolo entraba en terras galegas.

“Nesta edición 2021 presentarase o percorrido deste camiño milenario que establece un vínculo indiscutible coa ORIXE das tradicións xacobeas e que foi recoñecido pola Igrexa polo seu valor histórico e de peregrinación ao longo dos séculos, permitindo que quen o percorra obteña a Compostela á súa chegada á Catedral”

Nesta edición 2021 presentarase o percorrido deste camiño milenario que establece un vínculo indiscutible coa ORIXE das tradicións xacobeas e que foi recoñecido pola Igrexa polo seu valor histórico e de peregrinación ao longo dos séculos, permitindo que quen o percorra obteña a Compostela á súa chegada á Catedral.

Este roteiro Xacobeo, xunto co Roteiro Mar de Arousa Río Ulla converten a Barbanza Arousa no único destino no que se pode obter a Compostela pola vía marítima, Roteiro Mar de Arousa Río Ulla, e pola vía terrestre, Camiño do Barbanza “A Orixe”. A presentación terá lugar na Caseta de Turismo de Galicia o mércores día 19 de maio ás 18:00 horas e poderá seguirse en directo por streaming a través da páxina web barbanzarousa. gal.

Vídeo FITUR: https://www.youtube.com/watch?v= LNbhSiegf2 Q