Francisco Álvarez Koki, escritor guardés, presentou o 11 de novembro a reedición do seu libro de poemas “Maruxía”. O acto estivo presentado polo tamén escritor Xosé María Álvarez Caccamo e durante o mesmo o propio autor recitou unha selección dos poemas que forman o libro.
Francisco Álvarez-Koki reside dende 1984 en Nova Iork, onde continúa o seu labor literario que a día de hoxe incorpora un gran número de títulos tanto en castelán como en galego, dos que podemos destacar entre otros “Lexanías” (1980), “Máis aló do Finisterre” (1991), “Alén da Fronteira” (1999), “Entre dos aguas” (1995), “Entre tu cuerpo y el mío” (1997), etc.