Arbo | O BOE do martes 26 de abril de 2022, publicaba a resolución de 8 de abril de 2022, da Dirección General de Calidade y Evaluación ambiental do Goberno de España, pola que se formula declaración de impacto ambiental do proxecto “Interconexión norte con Portugal”, polo que polos goberno dos concellos afectados comezaron as xestións necesarias para facer unha fronte común ao proxecto da Línea de Alta Tensión.
Os alcaldes de Arbo, Horacio Gil, As Neves, Xose Manuel Rodríguez, os presidentes da Cámara de Melgaço, Manoel Batista e o Presidente da Cámara de Monção, António Barbosa, reuníronse este martes no Concello de Arbo para fixar a postura, que continúa sendo unánime e en contra do devandito proxecto.
Con esta reunión os rexedores queren escenificar ante o Goberno de España e o Goberno de Portugal o sentir da poboación dos catro concellos e mostrar o seu rexeitamento unánime a este proxecto que afecta gravemente aos intereses veciñais.
O alcalde de Arbo, informou os presentes que a asociación de afectados pola línea de alta tensión, ten convocada unha concentración-manifestación en contra da Línea de Alta tensión o vindeiro domingo día 29 de maio en Valiñas-Poste (Barcela-Sela) ás 18:00 horas e concretouse que acudiran representantes do goberno de Arbo, As Neves, Melgaço e Monção. Os alcalde dos catro concellos, apelan a que os veciños e veciñas, acudan a esta concentración e así facer unha fronte común desde Arbo, na defensa dos intereses e dereitos da veciñanza, asemesmo acordaron reunirse co resto de concellos que conforman a AECT Río Miño para reforzar esta fronte común.