A Fundación Reveriano Soutullo amplia até o 28 de abril o prazo de matrícula no I Concurso Nacional de piano “Mestre Soutullo”

Ante a excelente acollida que está a ter o certame que se vai celebra no Auditorio municipal os días 11, 12, 13 e 14 de maio

Ponteareas | O concurso está enfocado ao alumnado de conservatorios e escolas de música que cursen o grao elemental ou profesional. As obras obrigadas, un vals no categoría do grao elemental, e unha mazurca no caso do grao profesional, corresponden ao álbum de piano de Soutullo titulado En noche de Luna. Este álbum foi editado por Dos Acordes, coa revisión crítica do pianista Alejo Amoedo. As obras tamén están a disposición para consulta nos arquivos informatizados da Biblioteca Nacional.

soutullo