Salceda de Caselas | A través dun partido de fútbol, a Fundación Denis Suárez e o Concello de Salceda organizaron unha actividade solidaria de entrega de agasallos para a cativada e mocidade da vila, na que tamén a veciñanza fixo a súa aportación.
Por outra banda o alumnado do IES Pedras Rubias e do CEP Altamira estivo vendendo diferentes produtos para financiar as súas respectivas excursións de fin de ano escolar.