Ourense | O día 29 de abril ás 20.30 celebrarase en Ourense unha gala solidaria a favor dos damnificados da Guerra de Ucrania. Os beneficios do evento serán donados á Cruz Vermella de Ourense para a misión Crisis de Ucrania.
As entradas estarán á venda en www.ataquilla.com e no punto físico de Orixe Publicidade e Comunicación na rúa Francisco de Moure, no Couto, a partires do día 1 de abril. Tamén haberá Fila Cero, para os que non poidan asistir e facilitarase un número de conta para donativos.
Organiza o colectivo de Nós, a Xente do Redor; A Cova da Meiga e Orixe Publicidade y Comunicación, coa participación dunha ducia de artistas solidarios e a colaboración do Concello de Ourense.