Galegos e portugueses xuntos fronte as especulacións de Red Eléctrica Española e Rede Eléctrica Nacional

 

NDEA_ Agrupacion_Electores_ArboARBO | Agrupación de electores de Arbo.- Os movementos sociais galegos e portugueses, os seus representantes políticos locais de Arbo, Melgaço, Ponte da Lima e Monçao, e deputados e deputadas en Bruxelas, Lisboa e Madrid, construímos unha mensaxe uniforme de rexeitamento frontal aos intereses especulativos da Rede Eléctrica Española e a Rede Eléctrica Nacional coa Liña de Moi Alta Tensión que queren colocar sobre as nosas cabezas.

Ficou moi claro que non estamos en contra do progreso nin das LAT pero estamos radicalmente en contra dos intentos desas empresas, controladas no caso portugués, por un xigante económico chinés, e no caso español, con participación de fondos especulativos, de enganar á cidadanía co visto e bo de algunhas institucións españolas como a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

Enganar, si: ao presentar dous proxectos partidos, un galego e outro portugués, cando se trata de un único proxecto transfronteirizo que non se entende de xeito partido como esas empresas o presentaron. Enganar, si: ao presentar a actual retirada do proxecto polo lado portugués como un movemento táctico que pretende desmobilizar ao movemento social de oposición. Enganar, si: ao presentar, tanto REE como REN, efectos nulos do electromagnetismo sobre as persoas, como deixou claro Pedro Costa Morata.. Enganar, si: ao ocultar nos documentos que parte da infraestrutura se sitúa sobre Rede Natura e ampliando sesgadamente a distancia á que se encontran as casas da LAT. Enganar, si: ao ocultar a existencia de alternativas tanto de trazado como de soterramento, moito menos agresivas para as persoas e o medio ambiente.

A concelleira Fabiola Durán sinala que acontecido en Arbo mantén e reaviva a loita contra estainfraestrutura cuxa necesidade social non está xustificada real e obxectivamente.

Pedro Soares, Deputado na Asembleia da República, e Alexandra Fernández, Deputada noCongreso, abriron as xanelas das súas institucións para que os “miñotos e galegos” poidamos levar a esas institucións a nosa loita contra a barbarie da LAT 400 kV. A Eurodeputada Lidia Senra, desde a distancia, manifestou que seguirá con todo o interese a evolución da denuncia ambiental contra a LAT admitida a trámite polas institucións europeas. Así mesmo, unhaconclusión adicional do evento organizado por AGRELAR, coa colaboración da CMVMC de Sela e o GIEEA da Universidade de Vigo, é a necesidade de manter a acción reivindicativa conxunta entre galegos e portugueses.

Finalmente, a voceira Fabiola Durán de AGRELAR quere facer dúas mencións máis. A primeira, lamentar a ausencia de políticos locais durante o evento,ao non participar ninguén do goberno municipal arbense, o que mostra, segundo o noso punto de vista, unha posición cando menos ambigua en relación con este problema social e ambiental. Dirán que ninguén osconvidou pero a verdade é que AGRELAR non convidou a ninguén, agás os participantes damesa, e sen embargo asistiu o Presidente da Asembleia Municipal de Monção, a Vicepresidenta da Cámara Municipal de Monção, Messegães, o Presidente da Freguesía deValadares e Sá de Monção, o Presidente da Freguesía do Penso de Melgaço así como oPresidente dunha Freguesía de Ponte da Lima.

A Segunda, ten que ver co movemento social que se está a producir en Messegães, Valadarese Sá (Monção) en relación coas terras ocupadas pola EDP nos anos 70 cando se quixo construíro denominado Salto de Sela. Unha vez máis, os galegos estamos por detrás dos veciños e amigos portugueses, mais estamos moi contentos ao observar que o Salto de Sela é un soñodo pasado pois a EDP, a empresa portuguesa concesionaria xunto coa española Fenosa, doSalto de Sela está a negociar a devolución deses terreos. Nós desde AGRELAR iniciamos un proceso de información que nos permita deseñar unha estratexia encamiñada a alcanzar a requirida devolución das terras e das pesqueiras que ocupou Fenosa para un Salto de Sela que definitivamente non se vai facer.