A Guarda | O último fin de semana de setembro a gaiteira Nadia Vázquez-Martínez viaxou a Croacia para representar a España no festival de gaita “13. Međunarodni gajdaški”.
Foi a edición número 13 do festival e este ano estivo adicado só a mulleres que tocan instrumentos tradicionais. Dende a organización manteñen que foi o primeiro festival de gaita do mundo adicado exclusivamente a mulleres e no que só tocaron mulleres.
Actualmente Nadia estuda no estranxeiro para especializarse nun tipo de gaita francesa chamada “musette”. Esta fin de semana viaxará a Galicia e dará algúns concertos.
Ao festival acudiron gaiteiras de varios países de Europa como Alemania, Turquía, Hungría, Eslovaquia ou a propia Croacia.