O Grupo Parlamentario Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común reiterou nun comunicado a necesidade de “deter a guerra no Sáhara Occidental e cumprir as resolucións de Naciones Unidas para alcanzar unha solución xusta ao conflito”.
Nese sentido, o vicepresidente e portavoz da Comisión de Exteriores do Grupo Confederal, Antón Gómez Reino, insistiu en que “España non pode permanecer impasible e ante a vulneración deste alto ao fogo por parte de Marrocos é preciso levar a ambas partes, sobre todo a Marrocos, a unha mesa na que se chegue a unha solución e se respecten dunha vez os dereitos humanos do pobo saharauí”.
“O pasado venres 13 de novembro” empeza o comunicado, “o Exército de Marrocos rompeu o alto ao fogo pactado co Fronte Polisario en 1991 ao irromper o seu exército no paso do Guerguerat, unha zona na que circulaban convois de Nacións Unidas ata que Marrocos a utilizou como paso de mercadorías a Mauritania e o Sahel”.
“Nesa zona, manifestábanse pacificamente saharauís desde facía tres semanas para bloquear o transporte de produtos e recursos extraídos dos seus territorios ocupados, o que consideraban unha violación dos acordos de paz. O sábado 14 de novembro, o Polisario deu por finalizado dito alto ao fogo e desde entón sucedéronse incidentes armados ao longo do muro de separación. Tamén se rexistraron preocupantes ataques a manifestantes saharauís no Aiún”.
Dende Unidas Podemos – En Comú Podem – Galicia En Común quérese manifestar con este documento a “profunda preocupación porque estes incidentes poidan reabrir unha guerra tan cruenta como a que durante anos enfrontou ao Exército de Marrocos e o Polisario”.
“Instase ao Estado Español, “como potencia administradora do Sahara Occidental”, a involucrarse na resolución do conflito e a descolonización do Sáhara”.
“Este conflito sería desastroso, en primeiro lugar, para a poboación saharauí, cuxa maior parte vive refuxiada desde hai 45 anos no deserto alxerino, pero tamén para a estabilidade do Magreb e para toda Europa”, continúa. “E seríao aínda máis neste momento de extrema debilidade agravada pola pandemia en que todas as forzas deberían estar postas en incrementar a axuda humanitaria nos campamentos de refuxio”.
O escrito inclúe a petición dun referendo de autodeterminación baseado na Carta das Nacións Unidas e o cumplimento do acordo de alto ao fogo de 1991. Ademais insta ao Estado Español, “como potencia administradora do Sahara Occidental”, a involucrarse na resolución do conflito e a descolonización do Sáhara.
Garantir o alto ao fogo, nomear a un Representante Especial coa responsabilidade de organizar o referendo asistido por MINURSO, dar cumprimento á Resolución 690 do Consello de Seguridade de 29 de abril de 1991 ou axudar ás partes a acadar unha solución pacífica ao conflito, son algunhas das peticións recollidas no comunicado feito público hoxe.
“A Unión Europea debe traballar”, finaliza o escrito, “para evitar a guerra e solucionar un conflito que dura xa 30 anos e alcanzar unha solución conforme ao establecido nas resolucións de Nacións”.