Sevilla/PSdeG-PSOE | Abel Caballero -alcalde de Vigo e un dos máis votados en España- como vocal, César Mogo -senador lucense, cunha dilatada traxectoria no campo da emigración e as Relacións Internacionais- como responsable de Emigración e PSOE Exterior, e Inés Rey –alcaldesa da Coruña e membro nato como vicepresidenta da FEMP-, forman parte da nova Executiva do PSOE aprobada por maioría aplastante no Congreso do partido celebrado esta fin de semana en Valencia.
Ademais outros dos galegos se incorporarán á Executiva: estréase Enma López (Vigo) que desempeñou labores nos gabinetes dos presidentes Jose Luis Rodríguez Zapatero e Pedro Sánchez, agora responsable de Política Económica e Transformación Dixital; e repite Manuel García Salgado (Lugo), de Memoria Democrática e Laicidade.
No anterior congreso ordinario, en Valencia, eran dous os membros galegos na Executiva: Abel Caballero e Pilar Cancela. No Comité Federal, máximo órgano do partido entre congresos, está de novo José Ramón Gómez Besteiro como Secretario Xeral de Galicia e membro nato.
Neste órgano aumenta o peso do Partido Socialista de Galicia. De 5 membros anteriores pasan a 6: Valentín González Formoso -presidente da Deputación da Coruña-, Carmela Silva -Presidenta do PSdeG-, José Tomé -presidente da Deputación de Lugo-, Patricia Otero -deputada no Congreso por Lugo-, Marga Martín -deputada no Congreso por Ourense-, e Marta Álvarez-Santullano -Secretaria de Política Institucional na executiva galega- Anteriormente formaban parte do comité: Carmela Silva, Pablo Arangüena, Marina Ortega, José Tomé e Inés Rey. A representación do Partido Socialista en Sevilla levou medio milleiro de propostas ao Congreso e estivo formada por un equipo de 100 persoas, máis do 60% mulleres.