O Covelo | A praza Mestre Cerviño do centro urbano de Covelo recibe ao foodtruck da campaña “Galicia sabe aMar”. Unha iniciativa da Consellería do Mar da Xunta de Galicia para a promoción e dos produtos galegos do mar e da terra.
No foodtruck poderanse degustar distintas receitas elaboradas con produtos da terra o vindeiro mércores, día 18 de outubro, en horario de 12:00 h a 15:00 h e de 18:00 h a 21:00 horas.
“Galicia sabe aMar” é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021.
Esta campaña busca animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.