Galiza pola Paz e contra a OTAN

Manifestacións contra a escalada belicista e o aumento do gasto militar

Santiago de Compostela | Coincidindo co 39 aniversario do referendo do ingreso á OTAN en 1986, diversos colectivos convocados polo Comité Anti-OTAN Compostela (COAC) manifestáronse este 12 de marzo en Santiago de Compostela, Lugo e O Porriño na Xornada Galega contra a OTAN e Pola Paz coa finalidade de sentar “as bases da urxente necesidade de edificar un movemento popular contra a guerra e pola Paz”.

Baixo os lemas “Nom ao aumento dos gastos militares”; “Evitemos a escalada bélica que nos conduz à III Guerra Mundial”; “OTAN nom, bases fora” e “Nem um só euro, nem uma soa vida galega para a sua guerra”, a COAC fixou posición “contra a escalada belicista do setor globalista da UE, contra o aumento do gasto militar e a depauperaçom das nossas condiçons de vida”.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.