Do 1 ao 15 de outubro, o Liceo de Ourense acolle a exposición colectiva da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA), que co título Gargalladas, presenta a obra de varios artistas. Son obras de preto de corenta autores que fan un amplo abano estético para goce dos visitantes. Para que nos fale polo miudo deste encontro conversamos co mestre Paco Ascón.
Qué imos atopar nesta mostra colectiva?
ARGA e unha das asociacións de artistas plásticos máis importantes na actualidade e forman parte dela os mellores artistas do momento. Vénse a presentar neste templo da cultura que é o Liceo de Ourense, unha pequeña mostra do seu traballo.
Gargalladas, un nome suxerente, qué nos podes contar?
Gargallada, é como sabedes unha risotada. Pensabamos que dados os tráxicos momentos que estamos a vivir e os que aínda nos quedan por vivir podíamos soltar una gargallada aínda que só quede nun sorriso.
Novamente o Liceo, como marco. Qué ten de máxico este espazo?
Como xa dixen, o Liceo afortunadamente segue a ser un extraordinario templo da cultura a pesares da desfeita cultural que están a levar a cabo algús poderes públicos.
Son moitos nomes e moitos estilos. Qué nos dís dos teus compañeiros nesta exposición?
Nesta ocasión, a nosa asociación vese representada por máis de 30 artistas de diversas técnicas e tamén de distintos estilos. Permitirasme que non faga distinción entre eles, pois o quen ten que facer a súa valoración son os visitantes a quen recomendo a súa asistencia pois ésta é unha ocasión de disfrutar de Arte de primeiro nivel.
“Nesta ocasión, a nosa asociación vese representada por máis de 30 artistas de diversas técnicas e tamén de distintos estilos”
Tantos nomes implica distintas temáticas ou elixistes algún tema común?
Neste caso a nosa executiva decidiu, con bó criterio, dar plena liberdade aos artistas en canto a temática limitando únicamente as dimensións para adaptarnos ao espazo expositivo.
E das túas qué obras imos atopar?
Como xa dixen, o espazo expositivo do Liceo é limitado, polo tanto tamén o é o número e nas dimensión das obras que cada un de nós mostrará; a niña representa un dos rincóns da cidade que non quero desvelar antes da inauguración.
Cómo se poden adquirir as obras?
Haberá na propia exposición un taboleiro de anuncios onde se explicaran as distintas opcións que terán os potenciais compradores para adquirir as obras. Ésta é unha magnífica e única ocasión para disfrutar da arte deste magnífico grupo de artistas galegos, e afincados en Galicia, que teñen a honra de mostrar os seús traballos nesta cidade, que sempre foi berce de grandísimos artistas en todo los campos das artes. Que será un placer para os propios artistas presentar persoalmente a súas obras o día 1 de Outubro, que permanecerá exposta ata o 15.
Quénes participan?
Cristina Seisdedos. Paco Ascón. Charo Blanco. Sofía Cabrera. Rosa Guisán. Maica Alonso. Álvaro Carracedo. Francis Marrouch. Ángeles Jorreto. Patricia Jorreto. Manuela Castro Cebreiro . Cristina Sánchez Estévez (escultura). Isabel Seidel. Novais. Francisco García Ibarra. Javier Garaizabal. Marga Santiago. Ana Fernández. Carmen Torreiro. Ismael Gallego. Camucha Vázquez Prats. Pilar Fandiño. Nito Pereira. Eva Galán. Nuria Vilalnova. Carmen Pernas. Lola Uriel e Marité Faginas.