Salceda de Caselas | Gran éxito do I Roteiro “Coñecendo os pazos”, moitas persoas acudiron á carballeira e Xabarís ubicada na parroquia de Santa María para coñecer parte da historia dos pazos de Avalle, Pegullal e a Casa Grande da Picoña. A visita guiada concentrou a moitos veciños e veciñas de Salceda que acudiron á cita para coñecer os pazos situados no noso Concello e que, aínda sendo propiedades privadas, abriron as súas portas para permitirnos coñecer detalles da historia que os rodean.
Dende o Concello de Salceda estase a realizar un novo grupo de roteiros que queren salientar a importancia de diferentes estructuras arquitéctonicas cargadas de historia que se atopan no noso municipio. E aproveitando o inicio do verán cultural de Salceda, os veciños aproveitaron o bo tempo para poder coñecer datos sorprendentes sobre o noso entorno.
Dentro dos diferentes roteiros que se proporán dende a Concellaría de Turismo no paquete “Coñece os monumentos do teu entorno” realizarase unha combinación de camiñata polo entorno e de visita guiada dos puntos de interese que alberga dende os monumentos ata zonas asociadas a lendas e tradicións culturais.
A Concelleira de Turismo Loli Castiñeira asegura que “é imprescindible coñecer o noso pasado para poder entender o presente. Con este tipo de actividades non só se fomenta o interese pola historia e monumentos do concello de Salceda de Caselas, senón que tamén interactúan e se establecen relacións sociais entre os asistentes.