A Coruña | O Restaurante O’Cadaval en Frades (A Coruña) realizará o vindeiro sábado 25 de xaneiro de 2025 unha homenaxe ao poeta, escritor, artista musical e colaborador do noso xornal, Baldomero Iglesias Dobarrio, “Mero”, co gallo do seu nomeamento como Fillo Adoptivo de Mesía. A data límite para anotarse é o domingo 19 de xaneiro.
Cunha prolífica traxectoria literaria e musical, “Mero”participou en bandas como Fuxan os Ventos e A Quenlla. O 2 de agosto, o Pleno Ordinario, do Concello coruñés de Mesía acordou, cos votos a favor de todos os grupos políticos, nomear a “Mero” como fillo adoptivo, sendo así publicado no Boletin Oficial da Provincia da Coruña.