Salvaterra de Miño | O pleno da Corporación aprobou o Acordo de Cooperación para a realización das obras de humanización da Fortaleza de Salvaterra de Miño.
O 26 de setembro o Grupo de Goberno levou ao Pleno da Corporación a aprobación do acordo de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño para a realización das obras de Humanización da Fortaleza de Salvaterra. Unha obra de máis de 600.000€ que se executará entre o ano 2022 e o ano 2023.
As obras a realizar encóntranse dentro do proxecto de Rehabilitación das murallas da fortaleza de Salvaterra de Miño 3ª fase e que pretenden acondicionar o ámbito das rúas, mediante a pavimentación de lousas de pedra, canalización subterránea das infraestruturas e alumeado público.
Acondicionar o ámbito da praza da Oliva, substituír o actual asfalto por un pavimento de terra na inmediación da porta de entrada.
Con estas actuacións preténdese mellorar a calidade ambiental do recinto, revitalizando o seu uso residencial, plantaranse 3 olivos que seguirán a antiga trama das edificacións preexistentes e mellorarase un entorno que a día de hoxe é un dos atractivos turísticos do municipio.
Reactívase o Serizo de Atención Temperá
Reactívase o servizo de atención temperá en Salvaterra de Miño, dentro do plan de intervención agrupado xunto cos otros dous concellos participantes no convenio, Arbo e Crecente e, despois do parón que nos vemos obrigados a ter, con moitas complicacións ademáis para a súa reactivación ao noso pesar, polas entre outras tremendas dificultades de atopar algúns d@s profesionais que son requiridos.
A unidade, integrada na rede galega de atención temperá, estará formada por un equipo especializado composto por tres profesionais das ramas de psicoloxía, terapia ocupacional e logopedia.
Con vistas agora xa a un proxecto a longo prazo e nas instalacións do baixo do edificio do xulgado de Paz (antigua escola infantil), axeitadas para prestar este servicio tan importante como é o de proporcionar atención a menores de 0 a 6 años con necesidades, así como ás súas familias e entorno.
A/os menores deberán vir derivados do Sergas e no caso de Salvaterra, o servicio estará operativo nas instalacións mencionadas os martes e xoves de 8.00 a 18.30 h.