Tui | Este sábado 17 de agosto celebrouse en Tui o I Concurso Miñomáxico de Máxia de Rúa cunha altísima afluencia de público que abarrotou tódalas prazas nas que actuaron os magos e maga participantes.
Máis de 400 persoas, maioritariamente público familiar, que durante 3 horas disfrutaron da maxia desprazándose de praza en praza.
Empezaba Mago Deimi de Ribadavia no entorno do Palco da Música.
Seguía o Mago Zanas de Tomiño nos soportais da Corredera.
De ahi pasaron á praza de San Fernando, diante da Catedral onde actuaba o Mago Paco de Marín.
Baixaros despois ata a praza de Fromista onde Samuel Moreno, un dos organizadores actuaba fóra de concurso.
Seguiron polo casco vello e en San Telmo estaba a Maga Paula de Vigo, única rapaza e a mais xove con tan só 12 anos.
E finalmente voltaron a San Fernando para rematar coa actuación de Xulio Merino que pechaba o concurso.
Despois do reconto das votacións do público, proclamaronse os gañadores e fixose a entrega de premios na que se contou coa presenza do Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, o Concelleiro de Patrimonio e Turismo, D. Laureano Alonso, e a Concelleira de Cultura Dna. Sonsoles Vicente que fixeron entrega dos premios:
O Gañador foi Xulio Merino, recibindo trofeo e 300€
o segundo mais votado foi O Mago Zanas, co trofeo e 200€
e o terceiro foi o Mago Deimi, con trofeo e 100€
Asi mismo O Mago Paco e a Maga Paula recibiron unha placa de recordo pola súa participación.
«Agradecer dende MiñoMáxico como organizadores do evento, Samuel Moreno e Javier Argüelles, a colaboración e apoio do Concello de Tui, especialmente de Laureano Alonso que dende o primeiro momento apostou pola “nosa maxia”.
Tamén ás empresas que puxeron o seu grao de area para que isto fose posible.
E por suposto ao público, nenos, nenas e adultos que nos “desbordaron” coa súa presenza e participación neste I Concurso de Maxia de Rúa de Tui.
Queda ainda sorteo de agasallos entre os que votaron e que esta semana faremos en directo na Radio Municipal de Tui e publicaremos nas nosas redes sociais.
E dicir que dende xa, empezamos a traballar na segunda edición, aprendendo dos erros cometidos, tendo en conta suxerencias recibidas e sempre felices e ilusionados de traer Maxia de primeiro nivel a Tui.»