Vigo | Organizada por Vigo Plan Events, a azotea do CC A Laxe acollerá os vindeiros días 5, 6 e 7 de xullo a I Festa do Viño Galego, na que participarán adegas de cinco Denominacións de Orixe ademais de zona de gastronomía e música en vivo con inmellorables vistas ás Illas Cíes.
As adegas participantes son Viña Costeira, Bodegas Gallegas, Veiga Serantes, HGA bodegas, Adega Cachín, Martín Codax, Godeval, Ladairo, Joaquín Rebolledo o Bodegas Santa Marta que ofrecerán unha variada selección das súas mellores colleitas.
Amenizarán os ritmos de Grupo Malaherba, DeltaBlues, Barros e Mayobre, Ariadna Santana, Pablo Vila e os Tripulantes, el trío de Jack, el dúo UP 2 YOU, Alberto Cunha, Os da Nogueira, Dj Quimba e Tono Alcalde coa ambientación musical de diversos DJs locais.
A Zona Gastro terá unha selección de productos típicos galegos como polbo con froitos do Mar, cortador de Xamón con Ibergal, Conservas Daporta, doces sen gluten de Pan, as Pizzas artesanais de Mamamasa ou os xirasois con hamburguesas.