O Covelo | O Concello de Covelo agradece ao CEIP Antonio Blanco Rodríguez a organización do I Mercadiño Solidario celebrado na praza Mestre Cerviño a favor do banco de alimentos do Concello e das protectoras de animais Rescue Cañiza e Asociación de Rescate Animal Ohana.
A iniciativa do centro escolar conseguíu recadar 161 kg de pasta e legumes,
90 latas variadas de alimentos non perecedoiros, 25 paquetes de galletas, 42 litros de leite, chocolate, cereais solubles, produtos de hixiene feminina e produtos para bebés, entre outras achegas. Ademais, recadaron sacos e latas de comida para animais que agora serán repartidos nos refuxos participantes.
Durante a mañá do venres, e co apoio da ANPA, o alumnado cambiou libros por axuda promovendo así a lectura e a solidariedade na sociedade. O Concello de Covelo convida a seguir o exemplo da nosa infancia que se amosa comprometida e sensible hacia as situacións máis desfavorecidas.