“I Simposio Serra da Groba e Argallo” en Oia

Este sábado 8 de xullo na Casa Forestal

Oia | A plataforma Turonio organiza o “I Simposio Serra da Groba e Argallo-Patrimonio natural, etnográfico e cultural”, o cal se desenvolverá na Casa Forestal de Santa María de Oia na tarde do vindeiro sábado 8 de xullo.

Diferentes relatores dende o mundo académico, o da investigación ou o activismo ambiental e cultural exporán, en diversas intervencións, os principais valores naturais e culturais que agochan os nosos montes. Ao remate realizarase unha mesa redonda na que as persoas encargadas dos relatorios abordarán diferentes cuestións.

Este evento é o primeiro paso dun proceso que ten como obxectivo a declaración da Serra da Groba e Argallo como Espazo Natural Protexido. A xornada comezará as 18:00h na Casa Forestal de Santa María de Oia, (coordenadas: 41.999232, -8.855919). A entrada é de balde.

Programa:
-“Un patrimonio natural a conservar: matogueiras e turbeiras da Serra da Groba”.
César A. Blanco Arias. Técnico de investigación do proxecto RURALtXA! Univ. Santiago de Compostela.

-“Os cabalos salvaxes da Serra da Groba: Un patrimonio natural, etnográfico e cultural”.
Laura Lagos Abarzuza. Investigadora asociada do proxecto RURALtXA! Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, Univ. da Coruña.

-“Biodiversidade ameazada da Serra da Groba”.
Manuel A. Pombal Diego. Profesor da Univ. de Vigo e membro de ANABAM.

-“Serra da Groba. Arqueoloxía, etnografía e patrimonio vivo”.
Xosé Lois Vilar e Xilberte Manso. Membros do Instituto de Estudos Miñoráns e SOS Groba.

-“A Serra da Groba como clave para a sostibilidade do territorio. Unha proposta para un espazo protexido”.
Juan Hermida. Director do Instituto de Estudos Miñoráns.