Salceda de Caselas, vai a contar cun stand de Iberbanda-Telefónica o próximo mércores 24 na praza do Concello, para facilitar información aos veciños e veciñas acerca das vantaxas que supón a contratación deste servizo de Wimax Rural que está incluído no proxecto Repoblar (Rede Pontevedra Banda Larga Rural).
Coa presencia deste stand, preténdese promocionar e informar sobre a rede sen fíos Wimax, que permite a conexión a internet independentemente da xeografía e topografía do terreo, que en moitos casos dificulta o acceso a internet a moitas vivendas situadas no rural.
Ademais preténdese realizar actividades informativas coas diferentes asociacións e centros culturais de Salceda, que te´ran lugar nas diferentes parroquias, informando aos veciños e veciñas sobre as vantaxas de ter o servizo.
Teresa Pérez Concelleira de Novas Tecnoloxías opina que é moi importante vincular o rural coas novas tecnoloxías para poder así ter acceso á información e manter unha boa rede de comunicacións, nunha realidade onde o acceso a internet é de tan elevada importancia para os tempos que corren.