Burela | A iniciativa educativa Modelo Burela, en funcionamento continuado desde 2003, continúa traballando en favor da cohesión social. Desta vez a actividade do II Día da Literatura Cabo-verdiana continúa a pór o foco de atención na presenza da comunidade cabo-verdiana nesta localidade pesqueira do Cantábrico galego.
O próximo 11 de xuño a convocatoria é no Instituto Perdouro para facer unha lectura continuada da obra Siríaco e Mr. Charles, do autor cabo-verdiano Joaquim Arena, editada en 2022. A obra escolhida relata uma improvável amizade que decorre na ilha de Santiago, Cabo Verde, entre o jovem Charles Darwin e Siríaco, um velho negro, ex-escravo, que sofre de vitiligo.
Desde as 10:00 da mañá, o momento da inauguración, a lectura estará en marcha durante oito horas e finalizará ás 6 da tarde coa clausura do encontro. Desde o comezo ao fin da xornada o protagonismo estará centrado na poboación escolar, mais tamén nos membros das súas familias, nos referentes culturais e por profesorado. Segundo Vanesa Vila Verde, portavoz da organización: “Após o sucesso do encontro organizado no ano passado com a leitura do Chiquinho, consideramos que este tipo de encontros devem ter continuidade, pois constituem uma ferramenta necessária para a aproximação entre culturas”.
Inscrición aberta mesmo a participar “a distancia”
Como a participación presencial non é posíbel en moitos casos, a organización do encontro abriu a posibilidade da participación “online”, conectando por videoconferência ou enviando un vídeo gravado. Desta maneira, durante oito horas Burela estará en comunicación directa co Atlántico africano e con diferentes puntos da Península Ibérica.